Inicio Galicia A Xunta enxalza o traballo da asociación San Vicente de Paúl no...

A Xunta enxalza o traballo da asociación San Vicente de Paúl no apoio en favor das persoas con menos recursos

0

Avogou por continuar co traballo conxunto coas entidades para prestar os mellores servizos e recursos

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe as instalacións da entidade San Vicente de Paúl en Marín, que centra a súa actividade en prestar axudas ás persoas e familias que se atopan en situación ou risco de vulnerabilidade. Arturo Parrado gabou o traballo deste entidade en favor da inclusión.

Arturo Parrado coñeceu de primeira man o comedor social da entidade, ademais das cociñas, o almacén e outras instalacións accesorias, como os vestiarios ou a zona de duchas. Alí salientou a importancia de que as administracións públicas se coordinen coas entidades que traballan no eido social co fin de que os servizos cheguen á xente que verdadeiramente precisan deles. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre