Inicio Galicia A Xunta enxalza o traballo coordinado coas entidades sociais para a mellor...

A Xunta enxalza o traballo coordinado coas entidades sociais para a mellor garantía dos dereitos e intereses dos menores

0

Política Social reforza a colaboración coa Asociación Arela para seguir mellorando a atención residencial de menores baixo o sistema de protección autonómico

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González Méndez, visitou hoxe casa de familia que xestiona a Asociación Arela no municipio compostelán coa axuda de fondos públicos da administración autonómica. En concreto, este recurso permite poñer a disposición das familias e dos nenos, nenas e adolescentes oito prazas residenciais, dúas delas de carácter especial, ás que a Xunta de Galicia destina case 170.000 euros aos que hai que engadir outra axuda de 9.000 euros destinada a obras de mellora das instalacións.

No percorrido polo equipamento, a directora xeral enxalzou o traballo que desenvolve Arela no ámbito da protección das persoas menores de idade, en especial daquelas que se atopan nunha situación de risco ou desamparo social. Nesta liña, salientou que servizos como as casas de familia supoñen un apoio principal para avanzar en prol da integración familiar e social dos usuarios e usuarias mediante unha intervención educativa, integral e educativa. “É importante facer fincapé en que se define un programa educativo individualizado para cada menor e que se traballa de maneira coordinada cos servizos sociais especializados”, apuntou.

Leer más:  El mal tiempo no frena a los peregrinos: Santiago recibe 4.000 caminantes antes del arranque de los festivos

Amparo González explicou que na actualidade a Consellería de Política Social colabora tamén con outras cinco casas de familia e dous centros de día que Arela ten en Galicia. En total, o Goberno galego inviste máis de 1,3 millóns de euros para concertar con esta entidade un total de 76 prazas de atención residencial de menores. Un esforzo económico que “responde ao compromiso da Xunta de axudar a aqueles colectivos que máis o precisan, así como a aposta pola coordinación coas entidades sociais que están ao pé de rúa para entre todos artellar as mellores políticas sociais”, declarouAdemais, a responsable do departamento autonómico de Familia insistiu que un dos eixes prioritarios das política sociais en Galicia para o presente ano 2018 volve ser a protección e defensa dos intereses dos nenos, nenas e adolescentes. De feito, increméntanse as partidas económicas destinadas ao programa de acollemento familiar e aos centros de menores, neste caso nun 20% ata chegar aos 32,2 millóns de euros. Así mesmo, consolídase a liña de axudas por valor de 625.000 euros para investimentos en obras de mellora e adquisición de equipamento en centros que desenvolven medidas de protección xestionados a través de entidades de iniciativa social.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

Nesta liña, Amparo Méndez lembrou que nos últimos anos se levan investidos máis de 2 millóns de euros en diferentes traballos de renovación dos catro centros de menores de titularidade e xestión pública, e que se ten previsto destinar outro millón máis coa finalidade de seguir completando a adecuación dos mesmos.

Por último, a directora xeral enmarcou esta serie de actuacións “na vontade da Xunta de garantir o benestar dos menores que precisan do amparo da administración e que merecen un presente mellor e un futuro de oportunidades”.


- Te recomendamos -