Inicio Galicia A Xunta enxalza as iniciativas que promoven a harmonización das regulamentacións do...

A Xunta enxalza as iniciativas que promoven a harmonización das regulamentacións do sector pesqueiro

0

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, destacou hoxe o valor das iniciativas que buscan a harmonización das regulamentacións do sector pesqueiro. Fíxoo no marco do acto oficial de apertura do I Foro Iberoamericano de Alto Nivel sobre Pesca, que se celebra hoxe e mañá en Vigo, “unha cidade cun importante peso no sector da pesca”, subliñou a directora xeral. Alí tamén fixo fincapé no establecemento de sinerxías e lazos de unión con outros países, como por exemplo os da área latinoamericana.

Mercedes Rodríguez salientou como mostra deste vínculo a celebración deste foro na cidade olívica e definiu este tipo de relacións como “unha fórmula de ganancia de todas as partes involucradas”. Tamén se referiu á posibilidade de crear unha Axencia Iberoamericana de Pesca, que será un dos asuntos de debate neste foro. Neste sentido, destacou o interese da Xunta nos marcos de debate e accións para contribuír á mellora da xestión da pesca e puxo de relevo o papel das organizacións rexionais da pesca.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre