Inicio Galicia A Xunta envía o décimo sexto envío de material de protección individual...

A Xunta envía o décimo sexto envío de material de protección individual e de desinfección a centros sociais da provincia de Ourense

0

Este novo reparto, integrado por 110.700 equipamentos de protección individual, 503 botes de xel hidroalcólico e 197 garrafas de desinfectante, distribuirase entre 122 centros sociais, incluídos os centros de día que desde onte poden reabrir

A Xunta de Galicia ven de enviar esta semana o décimo sexto envío a centros sociais da provincia, incluíndo os centros de día de iniciativa social que desde onte poden reanudar a súa actividade. Nesta entrega distribuíronse entre 122 centros 110.700 unidades de protección individual, das que 59 son batas doadas por Inditex; 503 botes de xel hidroalcólico e 197 garrafas de desinfectante.

Así, desde o inicio da pandemia o Goberno galego leva enviadas 1.694.263 unidades de material de protección individual a un total de 205 centros sociais da provincia de Ourense para loitar contra o coronavirus. En conxunto, foron 768.000 luvas, case 830.000 máscaras, máis de 20.000 batas (das que preto de 7.600 foron doadas por Inditex), uns 3.500 mandís, case 730 pantallas, 28.000 gorros e 42.200 calzas, así como diverso material de limpeza e desinfección (7.335 botes de xel hidroalcólico e 2.759 garrafas de 5 litros de desinfectante).

Dende o inicio da declaración da pandemia o Goberno galego quixo garantir a axeitada protección dos profesionais que traballan nestes centros na atención e coidado dos colectivos máis vulnerables ao contaxio por coronavirus. Con este obxectivo, para loitar contra a Covid-19 a Administración autonómica leva efectuados 16 repartos de material de protección aos centros sociais de maiores, menores, discapacitados, inclusión, igualdade e xuventude, aos que recentemente se sumaron os centros de día de iniciativa social. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre