Inicio Galicia A Xunta envía esta semana 220.127 novas unidades de material de protección...

A Xunta envía esta semana 220.127 novas unidades de material de protección a 181 centros sociais da provincia da Coruña

0

En total foron 81.400 luvas, 119.609 máscaras cirúrxicas, 309 batas de plástico, 309 mandís de plástico, 4.700 gorros e 13.800 calzas, así como diverso material de produtos de desinfección e limpeza

A Xunta ven de enviar esta semana 220.127 unidades de material de protección a 181 centros sociais da provincia da Coruña. En total, foron 81.400 luvas, 119.300 máscaras cirúrxicas, 309 batas de plástico, 309 mandís de plástico. Ademais de 4.700 gorros e 13.800 calzas que están pendentes de envío. Os centros sociais recibiron tamén esta semana 118 botes de 500 ml de xel hidroalcólico e 1.929 litros de garrafas dun litro de desinfectante.

Esta partida se suma á enviada a semana pasada que consistiu en total en 77.700 luvas, 129.097 máscaras, das cales 2.247 foron do modelo FFP2, 1.935 mandís de plástico, 1.935 batas de plástico, 639 pantallas protectoras, 5.100 gorros e 13.800 calzas. Ademais, entregouse material de desinfección e limpeza, concretamente 1.565 botes de 500 ml de xel hidroalcólico e 632 litros de garrafas dun litro de desinfectante.

Con estes dous envíos as entidades sociais da provincia da Coruña recibiron nestas dúas semanas un total de 438.233 unidades de protección. En conxunto, foron 159.100 luvas, 248.706 máscaras, 2.244 mandís de plástico, 2.244 batas de plástico, 639 pantallas protectoras, 9.800 gorros e 15.500 calzas.

A administración autonómica reitera que todo o material entregado cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para o seu uso. Ademais, informa que os envíos de material de protección continuarán nas vindeiras semanas para garantir a protección das persoas que se atopan na primeira liña na loita contra o coronavirus.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre