Inicio Galicia A Xunta envía 64.773 novas unidades de material de protección a 65...

A Xunta envía 64.773 novas unidades de material de protección a 65 centros sociais da área territorial de Pontevedra

0

En total, foron 25.200 luvas, 36.200 máscaras cirúrxicas e 46 batas plásticas, así como diverso material de produtos de desinfección e limpeza

A Xunta de Galicia vén de enviar 64.773 unidades de material de protección a 65 centros sociais da área territorial de Pontevedra. En conxunto, foron 25.200 luvas, 36.200 máscaras cirúrxicas e 46 batas plásticas, así como diverso material de limpeza e desinfección como xel hidroalcólico ou garrafas de desinfectante.

Asemade, deste último envío queda pendente a entrega de 2.100 calzas e 700 gorros.

Unha partida que se suma á enviada a pasada semana, cando entregáronse un total de 68.190 unidades de material de protección con destino a estes mesmos centros. Deste xeito, repartíronse 24.800 luvas, 39.850 máscaras cirúrxicas, así como batas, mandís e gorros, xunto a botes de xel hidroalcólico e garrafas de desinfectante.

A Administración autonómica reitera que todo o material entregado cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre