Inicio Galicia A Xunta entregou un total de 210 plans municipais de prevención e...

A Xunta entregou un total de 210 plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais no marco do convenio de protección das aldeas

0

A día de hoxe, están adheridos a este convenio 265 concellos galegos e outros dous solicitaron a súa inscrición

A Xunta entregou un total de 210 plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais no marco do convenio de protección das aldeas, subscrito entre o Goberno galego, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e Seaga. Ademais, están en elaboración outros 55 plans que, unha vez entregados, dotarían á totalidade dos concellos adheridos desta ferramenta.

Neste senso, cabe sinalar que a Lei de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia esixe que os gobernos locais dispoñan deste plan para protexer aos núcleos habitados de posibles lumes. Tendo en conta as dificultades técnicas que tiñan os municipios á hora de elaborar o plan, a Xunta asumiu este labor co obxectivo de axudar ás entidades locais subscritas ao convenio.

Así, dos 265 concellos que a día de hoxe están adheridos a este convenio pioneiro en materia de prevención, e outros dous solicitaron a súa incorporación, preto do 80% contan xa con este documento. Ademais, están en elaboración outros 55 plans que, entre finais deste ano e comezos do que vén, serán enviados aos correspondentes municipios para a súa aprobación definitiva.

Doutra banda, cabe sinalar que unha vez que os concellos dispoñen do plan municipal dáselles acceso ao visor das franxas, unha ferramenta pioneira da Xunta na que se poden ver as parcelas que están nas franxas dos 50 metros máis próximos ás vivendas coa referencia catastral.

Desta forma, os concellos, a través do programa Xesbío, poden xestionar e elaborar diferentes tipos de notificacións para remitirllas aos titulares de parcelas nestas franxas secundarias. Ademais, esta aplicación tamén ofrece a posibilidade de xerar un documento de adhesión dos particulares ao contrato de xestión da biomasa.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre