Inicio Galicia A Xunta entrégalle ao Concello de Porto do Son as obras de...

A Xunta entrégalle ao Concello de Porto do Son as obras de saneamento de Caamaño e a ampliación da depuradora de Xuño

0

Estas actuacións, que darán servizo a máis de 1.000 habitantes, xa están preparadas para que os veciños destes núcleos se conecten ao saneamento


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, abordou co alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, a entrega hoxe obras de saneamento de Caamaño e de mellora e ampliación da depuradora de Xuño, cun investimento autonómico de máis de 450.000 euros.

Estas actuacións, que darán servizo a máis de 1.000 habitantes, xa están preparadas e a conselleira convidou aos veciños destes núcleos a que pouco a pouco se vaian conectando ao saneamento.

A Xunta, no marco dun convenio de colaboración co municipio, acometeu a instalación de máis de 1.000 metros de colector e outros 300 máis para un novo bombeo, co que poder impulsar as augas ata o punto máis elevado de Caamaño.

Tamén se levaron a cabo a mellora e ampliación do edificio da EDAR para que teña un adecuado funcionamento, actuando na liña de augas e na de fangos, e coas instalacións necesarias para que os veciños de Xuño e Caamaño poidan conectarse á rede de saneamento con todas as garantías.

Na xuntanza de hoxe a conselleira e o rexedor tamén trataron as obras que se realizarán na EDAR do Concello, que explota Augas de Galicia. Estes traballos, que veñen de ser adxudicados, centraranse na mellora dos sistemas de xestión telemática no control do efluente da depuradora.

Ademais no encontro abordaron a solución definitiva para dotar de saneamento aos núcleos de Queiruga e San Pedro, que pasa pola construción dunha nova depuradora nas inmediacións do río Maior, completando así as actuacións en infraestruturas da vertente costeira do sur deste municipio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre