Inicio Galicia A Xunta entrégalle á Garda Civil de Tráfico material para facilitar as...

A Xunta entrégalle á Garda Civil de Tráfico material para facilitar as inspeccións de transporte

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade distribuíu un total de 21 tablets, 16 medidores láser e chaves de descarga de tacógrafos a estes profesionais


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantivo hoxe un encontro co tenente coronel xefe da Garda Civil de Tráfico, Francisco Javier Molano, onde se fixo entrega de material de apoio na inspección de transporte.

A Xunta, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento destas actividades de control, distribuíu un total de 21 tablets, 16 medidores láser e chaves de descarga de tacógrafos.

Este novo material será empregado tanto por axentes da Garda Civil como polos inspectores que forman parte da Dirección Xeral de Mobilidade.

O labor de inspección no transporte é fundamental para garantir a seguridade viaria, polo que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dispón dun corpo de inspectores nesta materia, que contan coa colaboración do sector de Tráfico da Garda Civil.

Estes profesionais actúan de xeito complementario e coordinado para levar a cabo as necesarias tarefas de inspección. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre