Inicio Galicia A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública no Incio en réxime...

A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública no Incio en réxime de alugamento

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os interesados en optar ás adxudicacións deben inscribirse no rexistro de demandantes que xestiona o Instituto Galego da Vivenda e Solo


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda entregou hoxe en réxime de alugamento unha vivenda de promoción pública situada no concello do Incio.

No acto participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen incidiu en que as persoas interesadas en optar a este tipo de adxudicacións poden en calquera momento inscribirse no Rexistro Único de Demandantes, que xestiona o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) -dependente da citada consellería-.

A inscrición pode realizarse presencialmente ou a través da sede electrónica da Xunta e ten unha vixencia de tres anos. Este rexistro serve de base aos sorteos polos que se elaboran os listados de adxudicatarios nos distintos municipios.

A vivenda do Incio que se entregou hoxe está emprazada na rúa do Rodeiro e ten unha superficie útil de case 90 metros cadrados. Consta de tres dormitorios e dispón de rocho e garaxe.

Balseiro destacou que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) tramita con axilidade as adxudicacións, de forma que “tan pronto unha vivenda queda baleira, realízanse os trámites para que poida volver a ser ofertada seguindo o listado de adxudicatarios de cada concello”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre