Inicio Galicia A Xunta entrega unha furgoneta ao Clube Balonmán Cañiza para ampliar os...

A Xunta entrega unha furgoneta ao Clube Balonmán Cañiza para ampliar os seus desprazamentos

0


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, entregou hoxe unha furgoneta subvencionada polo Goberno galego ao Clube Balonmán Cañiza. O vicepresidente da Xunta destacou que grazas a esta nova furgoneta de nove prazas, o Clube Balonmán Cañiza poderá ampliar os servizos de transporte que ofrece aos seus nenos e nenas. Desta forma, con este vehículo poderase recoller a domicilio aos membros do clube que teñan problemas para acudir ás actividades relacionadas co clube. Ademais, poderán usar esta furgoneta nos traslados para a disputa dos seus partidos por toda Galicia, aos adestramentos coa Selección Galega de Balonmán ou a outros eventos deportivos na comarca.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre