Inicio Galicia A Xunta entrega tres novos vehículos aos GES de Ribadavia, Muiños e...

A Xunta entrega tres novos vehículos aos GES de Ribadavia, Muiños e o Barco de Valdeorras ao abeiro do proxecto ARIEM+

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe de tres furgonetas de servizos completamente equipados


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe de tres furgonetas de servizos varios aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Ribadavia, Muíños e O Barco de Valdeorras, onde incidiu na importancia de que os efectivos de emerxencias conten co material axeitado que lles permita realizar o seu traballo con seguridade e ofrecer unha maior eficacia na resposta ante calquera intervención.

A adquisición, que conta cun investimento do 242.000 euros, forma parte do proxecto ARIEM+, a través do cal a Xunta traballa na xestión de recursos humanos e materiais para mellorar a atención e a coordinación das emerxencias a un e outro lado da fronteira de Galicia con Portugal. A través deste proxecto de colaboración transfronteiriza, a Xunta coopera con Castela e León e Portugal en materia de emerxencias en torno á prevención e xestión de riscos naturais relacionados co clima e coas actividades humanas.

Os tres novos vehículos para a atención ás emerxencias entregados hoxe dispoñen de tres prazas e de tracción integral 4×4, ademais de espazo para albergar equipamento para todo tipo de intervencións, como dous equipos de respiración autónoma, unha cámara térmica, unha bomba de auga de alta presión con depósito duns 380 litros e outra sumerxible para augas sucias ou lodos, así como diverso material específico de rescate en altura.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre