Inicio Galicia A Xunta entrega novo equipamento de emerxencias a concellos da provincia de...

A Xunta entrega novo equipamento de emerxencias a concellos da provincia de Ourense

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o xerente da Axega, Marcos Araújo, fixeron entrega hoxe de nove tendas de campaña

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira; e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, fixeron entrega hoxe de nove tendas de campaña a outros tantos concellos da provincia que veñen a reforzar e dotar de máis equipamento ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. O acto contou tamén coa presenza de alcaldes e membros das agrupacións dos concellos beneficiados por esta entrega.

Este material de emerxencias foi adxudicado pola Vicepresidencia da Xunta ao abeiro da orde para concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos. Na provincia de Ourense foron nove as entidades locais beneficiadas: os concellos de Allariz, Coles, Chandrexa de Queixa, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Pobra de Trives, A Veiga e a Mancomunidade de Terras de Celanova.

As tendas están destinadas a atención ás emerxencias por parte das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Son tendas de fácil transporte e lixeiras, con fácil montaxe e desmontaxe.

Este material súmase aos sete vehículos pick up e sete remolques de emerxencias que Vicepresidencia entregou durante 2019 cun investimento de case que 340.000 euros, grazas a orde de axudas para equipamentos de emerxencias que conta co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020 (FEDER).

A Xunta considera unha prioridade que os efectivos de emerxencias conten co material axeitado que lles permita realizar o seu traballo con seguridade e ofrecer unha maior eficacia na resposta ante calquera intervención.

Nos últimos cinco anos a Xunta de Galicia fixo un importante esforzo para achegar medios de emerxencias aos concellos ourensáns e así adxudicou material por importe de máis de 3,3 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre