Inicio Galicia A Xunta entrega material e equipamento de emerxencias a dez concellos da...

A Xunta entrega material e equipamento de emerxencias a dez concellos da provincia de Ourense

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fíxolles hoxe entrega de remolques, pick ups, furgóns e equipos de excarceración

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta mañá de material e equipamento de emerxencias a Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e GES de 10 concellos da provincia de Ourense. No acto estivo acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; o xerente da Axega, Marcos Araújo; e da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Os concellos recibiron tres remolques de emerxencias, 4 pick-ups, dous furgóns e un equipo de excarceración. Os beneficiarios foron Allariz, Amoeiro, Os Blancos, O Bolo, Carballeda de Avia, Chandrexa de Queixa, Xunqueira de Ambía, Pereiro de Aguiar, Muíños e O Barco de Valdeorras. En total, suman un investimento de preto de 352.000 euros.

Esta entrega súmase ao investimento histórico dos últimos anos, e que xa acada os 10,5 millóns de euros en equipamento de emerxencias cedido aos concellos galegos. Ademais da cesión de material, a Xunta mantén un compromiso activo co mantemento e financiamento dos servizos de emerxencias, como se demostra a través de exemplos como convenio dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal, aos que destinará 13,7 millóns de euros.

Este apoio vén a recoñecer tamén o labor esencial que realizan os voluntarios e voluntarias, así como os profesionais que traballan na prevención e atención ás emerxencias e contribúen así á seguridade de toda a cidadanía.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre