Inicio Galicia Lugo A Xunta entrega dúas vivendas de promoción pública no casco histórico de...

A Xunta entrega dúas vivendas de promoción pública no casco histórico de Viveiro

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, sinalou que os procesos de adxudicación sucédense con dilixencia e instou ás persoas interesadas a inscribirse no Rexistro Único de Demandantes


A Xunta de Galicia entrega hoxe en alugueiro dúas vivendas de promoción pública no Casco Histórico de Viveiro aos seus adxudicatarios, a primeira situada na rúa Melitón Cortiñas e a segunda en Rosalía de Castro.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu ao acto de entrega e sinalou que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que depende da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, xestiona con dilixencia os procesos de adxudicación para que se ocupen as vivendas de promoción pública que ten na provincia á maior brevidade posible. Balseiro explicou que a recente renovación das listas permitiu reiniciar os chamamentos en Viveiro, que tiña vivendas baleiras pero esgotara a relación de candidatos. Neste sentido, instou ás persoas que estean interesadas en optar a unha vivenda de promoción pública a que se inscriban no Rexistro Único de Demandantes; poden realizalo presencialmente ou a través da sede electrónica da Xunta e ten unha vixencia de tres anos.

Leer más:  La conselleira do Medio Rural considera "probablemente intencionados" los recientes incendios: "Es parte del ADN de Galicia"

Este rexistro serve de base aos sorteos polos que se elaboran os listados de adxudicatarios nos distintos municipios; os últimos listados foron aprobados ante notario o pasado mes de febreiro.


- Te recomendamos -