Inicio Galicia A Xunta entrega dúas vivendas de promoción pública en Monforte de Lemos,...

A Xunta entrega dúas vivendas de promoción pública en Monforte de Lemos, unha en compravenda e a outra en alugueiro

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que neste concello hai 462 vivendas de réxime xeral e 8 máis no casco histórico, das que dúas están en proceso de adxudicación 

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, fixo hoxe entrega de dúas vivendas de promoción pública en Monforte de Lemos, unha delas en réxime de compravenda e a outra en alugueiro.

A primeira delas está situada na rúa Benito Vicetto e ten 90 metros cadrados, catro dormitorios, garaxe e trasteiro. A vivenda entregada en alugueiro está na rúa Armando Cotarelo e conta con 40 metros cadrados, un dormitorio e trasteiro.

Balseiro explicou que a cifra de vivendas de promoción pública no concello de Monforte é de 470, das que 462 corresponden ao réxime xeral -dispoñibles para venda ou alugueiro- e 8 son de réxime especial ao estar emprazadas no casco histórico, polo que unicamente se poden alugar.

Actualmente, neste municipio non hai ningunha vivenda vacante de réxime xeral, mentres que no casco histórico hai dúas, que se atopan en proceso de adxudicación.

Leer más:  Xunta y Gobierno comenzarán negociaciones para resolver discrepancias sobre la ley de calidad alimentaria

O delegado explicou que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) tramita con axilidade as adxudicacións, de forma que “tan pronto unha vivenda queda baleira, realízanse os trámites para que poida volver a ser ofertada seguindo o listado de adxudicatarios de cada concello”.

As persoas interesadas en optar a algunha vivenda de promoción pública deben inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma, accesible tanto a través da sede electrónica como nas oficinas do IGVS.


- Te recomendamos -