Inicio Galicia A Xunta entrega catro novos vehículos para reforzar o grupo de menores...

A Xunta entrega catro novos vehículos para reforzar o grupo de menores da Policía Autonómica

0

Con esta entrega reforzase unha unidade de especial relevancia nas súas funcións, que tan só no último ano levou a cabo 1.300 dispositivos e mais de 6.000 inspeccións

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, fixeron entrega de catro vehículos Citroën C4 Picasso para uso do grupo de menores da Policía Autonómica.

Alfonso Rueda e Luis Menor desprazáronse ata a sede da comisaria da Policía Autonómica en Santiago onde segundo indicaron con esta entrega reforzase unha unidade de especial relevancia nas súas funcións, que tan só nos últimos anos levou a cabo 1.300 dispositivos con mais de 6.000 inspeccións en locais que deron como resultado centos de atestados e denuncias relacionadas co consumo de alcol, tabaco ou estupefacientes. Ademais da labor que levan a cabo de traslados e custodias das rapaces e rapazas dos centros de menores.

O Goberno galego nos últimos cinco anos entregou máis de 50 vehículos para uso dos axentes autonómicos, aos que se sumarán outros 11 máis que se entregarán antes de que remate o ano, acadando un investimento que supera os 1,6 millóns de euros, co obxectivo de dotalos dos mellores medios posibles para que poidan levar a cabo o seu traballo da mellor maneira, en eidos tan importantes como a loita contra o furtivismo, a prevención e loita contra os incendios forestais e a protección das vítimas de violencia de xénero, entre outros.

Leer más:  Cierran la Playa de As Catedrais este jueves por el fuerte temporal

Alfonso Rueda lembrou a necesaria e imprescindible dotación de persoal para o corpo da Policía Autonómica e indicou que volverá instar ao Ministerio de Interior a que complete o cadro de persoal, mermado nos últimos anos debido a xubilacións e traslados.


- Te recomendamos -