Inicio Galicia A Xunta entrega as chaves dunha vivenda na Cañiza adxudicada...

A Xunta entrega as chaves dunha vivenda na Cañiza adxudicada polo IGVS en abril en réxime de alugueiro

0


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de proceder á entrega das chaves dunha vivenda localizada no Concello de A Cañiza á persoa que resultara beneficiaria.

O pasado 27 de abril, a Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra reunírase por videoconferencia para propoñer a adxudicación directa deste piso, que fora cedido ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) pola entidade financeira Abanca, con destino a alugueiro social.

Esta mañá, un dos axentes medioambientais que participa no programa de voluntariado en zonas rurais posto en marcha en resposta á crise provocada polo COVID-19 procedeu a entregarlle persoalmente ao adxudicatario as chaves do seu novo domicilio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre