Inicio Galicia A Xunta entrega aos seus adxudicatarios dúas vivendas de promoción pública no...

A Xunta entrega aos seus adxudicatarios dúas vivendas de promoción pública no concello de Vilagarcía de Arousa

0

A adxudicación realizarase en réxime de alugueiro a persoas maiores de 60 anos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, entrega esta semana aos seus adxudicatarios dúas vivendas de promoción pública emprazadas no Bosque dos Desamparados, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa. A primeira das entregas tivo lugar hoxe e a segunda está prevista para mañá, 29 de outubro.

En ambos casos as adxudicacións realizáronse en réxime de alugueiro e a persoas maiores de 60 anos. Concretamente, emprázanse nun inmoble de vivendas de promoción pública destinadas a ser alugadas tanto a menores de 35 anos como a maiores de 60.

A vivenda entregada hoxe, consta dun só dormitorio, salón-cociña, recibidor, baño, praza de garaxe e rocho. A de mañá ten a mesma distribución aínda que, neste caso, dispón de dous dormitorios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre