Inicio Galicia A Xunta entrega ao Concello Ourensán de Barbadás tres marquesiñas para mellorar...

A Xunta entrega ao Concello Ourensán de Barbadás tres marquesiñas para mellorar o servizo aos usuarios do transporte público

0

O obxectivo destas infraestruturas, que se instalarán na OU-540 ao seu paso polo termo municipal, é protexer aos usuarios das inclemencias meteorolóxicas e facer máis cómoda e segura a espera


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de conceder marquesiñas na provincia de Ourense para a súa instalación en estradas autonómicas ao seu paso por distintos concellos, coas que se pretende mellorar o servizo aos usuarios do transporte público.

Hoxe a Xunta entregoulle tres marquesiñas ao Concello de Barbadás, que será o encargado da súa instalación ao longo da estrada OU-540 ao seu paso polo termo municipal, coñecida como a avenida de Celanova.

A súa colocación enmárcase dentro do Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte, que pretende acadar un transporte público que responda ás necesidades dos cidadáns.

As novas infraestruturas, con selo galego tanto no deseño como na madeira de piñeiro empregada, teñen como obxectivo protexer aos usuarios das inclemencias meteorolóxicas e facer máis cómoda e segura a espera.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre