Inicio Galicia A Xunta entrega a Anhida un local na rúa conde de Torrecedeira

A Xunta entrega a Anhida un local na rúa conde de Torrecedeira

0

A delegada en Vigo, Corina Porro, e a xefa territorial de Política Social, Marta Iglesias, fixeron entrega das chaves á Asociación de Nenos con Hiperactividade e/ou Déficit de Atención, a primeira de TDH creada na Comunidade galega


A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, e a xefa territorial da Consellería de Política Social, Marta Iglesias, entregaron a Anhida, a primeira Asociación de Nenos con Hiperactividade e/ou Déficit de Atención creada en Galicia, as chaves do novo local que ocupará no baixo da rúa Conde de Torrecedeira 99.

Segundo informou Corina Porro, trátase dunha concesión demanial do dereito sobre o devandito inmoble, que figura adscrito a Consellería de Política Social, por un prazo de 10 anos. Un baixo que, aseverou, cubre as necesidades de espazo demandadas pola asociación con preto de 900 metros cadrados de superficie.

Neste senso, a representante autonómica valorou a función desenvolvida por Anhida, que desde a súa fundación en 2004, conseguiu visibilizar ante a sociedade as necesidades especiais das persoas afectadas por este trastorno co obxectivo de promover a igualdade de oportunidades e mellorar a súa integración social.

Anhida esta formada na actualidade por 260 socios coas súas familias que proceden tanto de Vigo como do resto das provincias galegas, polo que son moitas as persoas que desde esta asociación “reciben un apoio fundamental para paliar os síntomas que o TDH causa nas súas vidas”, en palabras de Corina Porro.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre