Inicio Galicia A Xunta entrega 1.000 chalecos reflectores a 80 asociacións de veciños da...

A Xunta entrega 1.000 chalecos reflectores a 80 asociacións de veciños da provincia de Lugo para facer máis visibles aos peóns nas estradas e fomentar a cultura da seguridade viaria

0

Vázquez Mourelle fai fincapé na importancia de que os veciños, fundamentalmente das zonas máis rurais, se familiaricen co uso desta prenda que pode salvar vidas se se pon cando se transite pola beira dunha vía

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na entrega de 1.000 chalecos reflectores a arredor de 80 asociacións de veciños da provincia para facer máis visibles aos peóns nas estradas e fomentar a cultura da seguridade viaria.

Vázquez Mourelle destacou que o Goberno galego segue reforzando a sensibilización e a concienciación, sobre todo, dos usuarios máis vulnerables nas estradas. Así, con estas prendas distribuídas hoxe é posible previr e evitar atropelos.

Fixo fincapé na importancia de que os veciños, fundamentalmente das zonas máis rurais de Galicia, se familiaricen co uso desta prenda que pode salvar vidas se se pon cada vez que se transite pola beira dunha estrada.

Salientou que a Xunta, no marco desta campaña, xa repartiu 4.600 prendas deste tipo nos anos 2016 e 2017 e ata 2020 se van entregar 33.000 máis, tanto chalecos coma tamén cortaventos reflectantes para ciclistas. Así, ao remate do Plan de seguridade viaria, 2016-2020, serán 37.600 as prendas achegadas.

Destacou o esforzo do Goberno galego en materia de seguridade viaria, fin ao que neste 2019 se adica un investimento de 75 millóns de euros. Precisou que este orzamento permite continuar desenvolvendo o Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, que recolle un conxunto de medidas e actuacións concretas para reducir os accidentes de tráfico.

Non obstante, subliñou que estas cifras nunca van ser suficientes se non van acompañados de condutas responsables por parte dos cidadáns, polo que cómpre respectar as normas de circulación, velar pola propia seguridade e pola dos demais.

Ethel Vázquez lembrou que o Executivo autonómico tamén está a impulsar o Plan de Sendas de Galicia, que no caso desta provincia, se está a desenvolver en concellos como Lugo, Portomarín, Rábade, Outeiro de Rei, Friol e LáncaraExplicou que estes Itinerarios buscan que os veciños poidan facer os seus desprazamentos cotiás, andando ou en bici, dun xeito máis cómodo e seguro, conectando os núcleos de poboación e centros de equipamentos e servizos, como centros de saúde, áreas comerciais, lugares de lecer, centros culturais e deportivos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre