Inicio Galicia A Xunta en Ourense súmase á celebración do Día mundial sen tabaco...

A Xunta en Ourense súmase á celebración do Día mundial sen tabaco con mesas informativas sobre a relación do tabaquismo e as cardiopatías

0

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, e o xerente de Xestión Integrada de Ourense, Julio García Comesaña, estiveron na mesa instalada no CHUO e advertiron á cidadanía dos riscos do consumo de tabaco para a saúde cardíaca

A Delegación Territorial da Xunta en Ourense, a través da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, instalou dúas mesas informativas na cidade con motivo da celebración do Día Mundial Sen Tabaco co obxectivo de incrementar a sensibilización da poboación dos riscos para a saúde que supón tanto o tabaquismo como a exposición ao fume do tabaco alleo.

Nesta edición, esta data tenta alertar sobre a relación que hai entre os efectos do tabaco e as cardiopatías, baixo o lema O tabaco rompe corazóns. Elixa saúde, non tabaco.

Sanidade, ademais de remitir circulares para a difusión desta mensaxe aos concellos, centros sanitarios e docentes, vén de instalar mesas informativas sobre prevención do tabaquismo no centro de saúde de Mariñamansa e no Hospital Universitario de Ourense. Nelas realízanse cooximetrías e persoal técnico da Consellería trasladan aos cidadáns información que avala que o tabaquismo é un dos principais problemas de saúde, así como consellos individualizados antitabáquicos e recomendacións para unha boa saúde cardiovascular.

Leer más:  Detenidas cuatro personas en A Guarda (Pontevedra) por robar libretas bancarias y 10.000 euros

Precisamente ata a mesa instalada no CHUO achegouse esta mañá a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do xerente do Servicio Galego de Saúde en Ourense, Julio García Comesaña, e da xefa territorial da Consellería de Sanidade, María Villar Suárez.

Díaz Mouteira subliñou que, segundo os últimos datos científicos publicados, os fumadores teñen un 70% máis de probabilidades que os non fumadores de padecer unha enfermidade cardiovascular mortal e un 200% máis dunha non mortal. Ademais, o risco de accidente cerebrovascular nas persoas fumadoras é un 50% superior, estando directamente relacionado este risco co número de cigarros consumidos. Por cada 10 cigarros diarios que se fuman a mortalidade por enfermidade cardiovascular aumenta un 18% nos homes e un 31% nas mulleres.

Ante este datos, a delegada territorial incidiu na importancia de que a poboación adquira hábitos de vida saudable que favorezan a saúde cardíaca, desbotando o consumo de tabaco e doutras sustancias aditivas, ao mesmo tempo que se aposte por unha alimentación equilibrada e polo exercicio físico.  

Leer más:  Yolanda Díaz evita comentar la marcha de Mès con BNG, Bildu y ERC para las europeas y reivindica a la candidata de Sumar

- Te recomendamos -