Inicio Galicia A Xunta elaborará un estudo con actuacións inmediatas para abrir a Lagoa...

A Xunta elaborará un estudo con actuacións inmediatas para abrir a Lagoa de Baldaio e evitar o asolagamento das vivendas

0

As consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Mar mantiveron esta mañá unha reunión onde acordaron que os técnicos volvan á zona novamente, para determinar a adopción de medidas inmediatas

A Xunta de Galicia vén de adoptar a decisión de elaborar un estudo con actuacións inmediatas que permitan abrir a Lagoa de Baldaio, no Concello de Carballo, e evitar os posibles asolagamentos de vivendas nas inmediacións deste espazo.

Representantes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería do Mar mantiveron hoxe unha reunión, no seo dunha mesa de traballo conxunta, para abordar esta situación, polo que determinaron que nas vindeiras xornadas técnicos de conservación da natureza visiten a zona para obter os últimos datos sobre o estado actual que presenta a lagoa e decidir cales son as medidas inmediatas necesarias que se deberán abordar para paliar esta situación.

Cómpre lembrar que os últimos temporais rexistrados na Comunidade provocaron danos nas reservas de auga da lagoa que implicaron dificultades para o marisqueo nesta zona. Ante a preocupación trasladada polo sector, a Xunta comprométese a levar a cabo actuacións de carácter inmediato.

De xeito paralelo, a Xunta tamén se compromete a traballar conxuntamente na redacción dun plan que permita conxugar os intereses medioambientais da lagoa cos intereses do sector marisqueiro. Así, definirase unha estratexia de actuación integral e estable que equilibre a conservación dos valores naturais da lagoa de Baldaio e os intereses da actividade marisqueira na zona.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre