Inicio Galicia A Xunta elaborará coa Asociación Executivas de Galicia unha guía para o...

A Xunta elaborará coa Asociación Executivas de Galicia unha guía para o deseño de plans de igualdade nas empresas

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, destacou en Vigo, nunha xornada sobre igualdade e calidade no emprego, o papel das 12.000 mulleres galegas que neste momento ocupan postos de xerencia e dirección como verdadeiras protagonistas do cambio, abrindo camiño a moitas outras profesionais

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe na súa intervención na xornada Novas oportunidades laborais: igualdade e calidade no emprego, que a Xunta e a asociación Executivas van colaborar na elaboración dunha guía para o deseño de plans de igualdade nas empresas, para facilitar que traballadoras e traballadores teñan as mesmas oportunidades para o seu desenvolvemento profesional.

O conselleiro apuntou a necesidade de que as compañías impulsen actuacións concretas que dean resposta ao novo mundo que vén, marcado pola dixitalización, a transición enerxética e o envellecemento activo, no cal a muller está chamada a asumir un novo liderado. Nese sentido, incidiu, “temos que corresponsabilizarnos todos, tanto desde o punto de vista da iniciativa pública como desde a iniciativa privada”.

Así, o conselleiro apuntou que a Xunta trata de dar exemplo como administración e así, a partir de xaneiro, Galicia vai ser a primeira comunidade en incrementar a baixa por maternidade ata as 24 semanas. Do mesmo xeito, sinalou que no novo contexto, a cualificación e a formación vólvense un requisito indispensable, e que hai que saber aproveitar que a dixitalización, a transición enerxética e o sistema de benestar derivado do envellecemento da poboación requiren emprego cualificado para avanzar no emprego estable, igualitario, de calidade e inclusivo.

Leer más:  El temporal deja este viernes en Galicia más de 400 incidencias

Conde destacou así mesmo que Executivas de Galicia, coa que a Xunta colabora na organización da xornada que hoxe se celebra en Vigo, é unha interlocutora fundamental para abordar o emprego en igualdade e a plena incorporación da muller ao mercado laboral. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria puxo de relevo na súa intervención o papel das 12.000 mulleres galegas que neste momento ocupan postos de dirección e xerencia nalgunha empresa, apuntando que elas son verdadeiras protagonistas do cambio, abrindo o camiño a moitas outras profesionais. Hoxe hai un 15,7% menos de mulleres desempregadas que en abril de 2009, e, en termos mensuais, o desemprego entre as mulleres caeu un 0,67% en novembro deste ano.


- Te recomendamos -