Inicio Galicia A Xunta e Vodafone poñen en marcha en Galicia o programa Digicraft...

A Xunta e Vodafone poñen en marcha en Galicia o programa Digicraft no teu cole para reforzar as competencias dixitais dos rapaces

0

Ata 50 centros poderán beneficiarse desta iniciativa dirixida a alumnos de 6 a 12 anos


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Fundación Vodafone España veñen de asinar un convenio para reforzar as competencias dixitais nas aulas coa programa “DigiCraft no teu cole”, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Galicia é a primeira Comunidade na que a Fundación Vodafone pon en marcha esta iniciativa.

Nos vindeiros días publicarase no Diario Oficial de Galicia a convocatoria que permitirá a un máximo de 50 centros escolares adherirse ao programa, que terá unha duración de dous anos e enmárcase no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia ‘DigiTalent’ impulsado pola Amtega.

Os centros que se adhiran á iniciativa terán acceso a formación para que os profesores poidan impartir o programa nas aulas, así como aos materiais descargables para o desenvolvemento das actividades e dotación de material para cada centro, que permitirá aos docentes e alumnado desenvolver as actividades establecidas: tabletas e kits tecnolóxicosO programa articúlase ao redor da metodoloxía DigiCraft, unha metodoloxía de aprendizaxe específica baseada no xogo e a experimentación, deseñada pola Universidade de Salamanca para a Fundación Vodafone España para axudar aos nenos e nenas a adaptarse a unha sociedade dixital en rápida evolución e para mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece.

Plan Digitalent“DigiCraft no teu cole” enmarcase nas iniciativas do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, para impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas e os novos perfís dixitais. O Plan, que se puxo en marcha este curso está a desenvolver 15 iniciativas en colaboración cos axentes do ecosistema dixitalToda a información sobre as novas actividades e as que están en curso están dispoñibles no portal do Plan DigiTalent digitalent.xunta.gal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre