Inicio Galicia A Xunta e Stop Accidentes chaman a extremar as precaucións na estrada...

A Xunta e Stop Accidentes chaman a extremar as precaucións na estrada unha vez iniciada a reactivación da mobilidade

0

Lembran a importancia de respectar as normas de circulación para evitar que o incremento de desprazamentos incida de xeito drástico nas cifras de sinistralidade


A Xunta e a asociación Stop Accidentes apelaron hoxe a extremar as precaucións nas estradas ante a reactivación progresiva da mobilidade e o aumento dos desprazamentos, logo de meses de confinamento por mor da covid-19, co fin de garantir a seguridade viaria.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo hoxe un encontro, por videoconferencia, coa representante da Asociación Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard.

Na xuntanza abordaron a situación derivada da reactivación paulatina da circulación que se está a producir, tras as restricións xeradas polo confinamento por mor da covid-19, e coincidiron na necesidade de que este incremento nos desprazamentos vaia acompañado de condutas responsables por parte de todos os usuarios das estradas para evitar un incremento drástico na sinistralidade.

Ethel Vázquez referiuse á recente campaña de concienciación da Xunta lembrando que se deben evitar distraccións ao volante, como o uso do teléfono móbil, respectar a distancia de metro e medio ao adiantar a un ciclista, ou empregar elementos reflectantes que aumenten a visibilidade de peóns e ciclistas, usuarios vulnerables das estradas. O Goberno galego, en colaboración coa DXT e coa Federación Galega de Ciclismo, vén distribuíndo chalecos e cortaventos reflectores entre estes usuarios vulnerables.

Convenio de colaboraciónNa xuntanza tamén se abordou o convenio asinado recentemente entre a Xunta e a asociación Stop Accidentes para fomentar a cultura da seguridade viaria, fundamentalmente, entre os escolares e as persoas maiores.

Este acordo recolle distintas actuacións, como a mellora da seguridade na contorna do CEIP Santo André de Xeve, en Pontevedra, coa execución dunha senda na estrada PO-223. Este proxecto someterase en verán ao proceso de información pública.

A Consellería de Infraestruturas, en coordinación coa Consellería de Política Social, tamén está a avanzar na definición da segunda das actuacións recollidas no convenio con Stop Accidentes: proxectos piloto para acadar un contorno seguro en dous centros de día ou residencias de maiores do ámbito rural.

No marco desta colaboración, tamén se está a traballar nun manual de seguridade viaria para os usuarios do transporte escolar, tanto alumnos como acompañantes.

O cuarto eixo do convenio inclúe a realización de talleres en colexios e centros de maiores das 4 provincias para concienciar a estes colectivos sobre pautas de mobilidade segura.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre