Inicio Galicia A Xunta e preto de 40 agrupacións de Protección Civil colaboran na...

A Xunta e preto de 40 agrupacións de Protección Civil colaboran na atención aos peregrinos no Camiño de Santiago

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, achegouse hoxe ata A Gudiña para visitar aos membros do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) e de Protección Civil


A Xunta está a colaborar este ano cun total de 39 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) para prestar asistencia aos peregrinos que percorren o Camiño de Santiago. Os voluntarios ocúpanse, entre outras funcións, de patrullar as rutas que pasan polo seu termo municipal e concellos limítrofes e atender aos camiñantes por cuestións propias de protección civil: axuda personalizada, traslado de feridos ou primeiros auxilios.

Así o explicou hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a súa visita aos membros do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) e da AVPC da Gudiña, que tamén colabora nesta iniciativa. No acto estivo acompañado polo alcalde, José María Lago.

Esta colaboración entre a Xunta e as agrupacións de Protección Civil realizábase inicialmente só nos anos Xacobeo. A partir de 2016, e dada a cada vez maior afluencia de peregrinos, decidiuse habilitar este plan de forma anual. Comezou con 7 agrupacións do Camiño Portugués. Agora xa chega a 39 e cubre tamén tramos do Camiño Portugués e da Vía da Prata.

A Administración autonómica mantén unha colaboración constante e fluída coas agrupacións de Protección Civil galegas. Ademais dos convenios para prestar atención no Camiño de Santiago, tamén lles cede equipamento de emerxencias, habilita liñas de axuda para financiar o seu mantemento e ofértalles formación a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). De feito, nos últimos anos a Xunta cedeulles distinto equipamento de emerxencias por valor de algo máis de 12 millóns de euros.

Colaboración coa GudiñaA AVPC da Gudiña recibiu nos últimos anos axudas e equipamento por valor de case 80.000 euros. Ademais das subvencións económicas destinadas a sufragar os seus gastos correntes, tamén recibiron outros recursos como un todo terreo, un esparexador de sal, un remolque de emerxencia ou unha tenda de campaña, entre outro material.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre