Inicio Galicia A Xunta é pioneira na aplicación de técnicas de estabilización de...

A Xunta é pioneira na aplicación de técnicas de estabilización de solos afectados por lumes forestais

0

Así o trasladou hoxe na Coruña o director xeral de Defensa do Monte durante o seminario sobre o proxecto europeo Life Reforest, centrado na problemática e as posibles solucións diante da erosión e perda de solo por incendios

O director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, salientou hoxe que a Xunta é pioneira na aplicación de técnicas de estabilización de solos afectados por lumes, sempre de acordo con criterios técnicos avalados por expertos do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, adscrito á Consellería do Medio Rural. Así o explicou durante a súa intervención no seminario sobre o proxecto europeo Life Reforest, centrado na análise da problemática e as posibles solucións diante da erosión e perda de solo provocada polos incendios forestais.

O director xeral explicou tamén o protocolo de actuación seguido nestes casos pola Consellería, que contempla diferentes fases e pasos. Así, en primeiro lugar créase unha mesa de coordinación das accións post-incendio, que entre outros labores encárgase da selección dos lumes obxecto de avaliación.

Logo faise a planificación necesaria, comezando pola recompilación da maior cantidade de información posible sobre o territorio afectado para proceder a continuación a realizar unha estimación das áreas potencialmente máis vulnerables dende o punto de vista do solo e da vexetación. Unha terceira fase pasaría pola avaliación e cartografado da severidade do lume. O proceso complétase coa concreción do risco erosivo-hidrolóxico, a valoración dos bens e recursos ameazados, a priorización das zonas de actuación, a aplicación dos tratamentos e a súa monitorización.

O director xeral incidiu en que todo este labor lévase a cabo baixo a coordinación dos expertos do CIF de Lourizán. Precisamente unha das investigadoras deste centro e especialista na materia, Cristina Fernández, interveu tamén neste foro para dar conta do traballo que se vén desenvolvendo nos últimos anos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre