Inicio Galicia A Xunta e os veciños de Osmo avanzan na definición técnica do...

A Xunta e os veciños de Osmo avanzan na definición técnica do proxecto de ?aldea modelo? neste núcleo do concello de Cenlle

0

Miguel Pérez Dubois reiterou as vantaxes de xerar actividade agrogandeira nas franxas próximas ás vivendas, para convertelas así nunha devasa natural diante do lume e ao tempo crear actividade económica


O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, reuniuse hoxe co alcalde do concello ourensán de Cenlle, Gabriel Alén, e cos veciños de Osmo. O encontro, no que participaron tamén técnicos que van xestionar a iniciativa, celebrouse para avanzar na definición do proxecto de “aldea modelo” neste núcleo de poboación, que recentemente presentou a primeira candidatura de Galicia para incorporarse á actuación promovida pola Consellería do Medio Rural.

A xuntanza, de carácter técnico, dá continuidade á mantida con eles o pasado 23 de xuño polo propio conselleiro José González e na que lles felicitou pola súa candidatura e lles avanzou o apoio da Xunta para levala adiante.

O proxecto de “aldea modelo” ten como principal obxectivo defender as persoas e os bens da ameaza dos incendios forestais mediante diversas actuacións enfocadas á posta en marcha de actividade agrogandeira na franxa dos 50 metros próxima ás vivendas. Neste caso concreto, o concello de Cenlle propuxo o núcleo de Osmo por dispoñer dunhas 20 hectáreas de terreo abandonadas nas súas franxas de protección e que no pasado tiveron un aproveitamento agrícola ou gandeiro.

Trátase de executar a limpeza das chamadas franxas secundarias, aquelas que están máis próximas aos núcleos de poboación, para poñelas a producir. Así, unha vez limpas, porase en valor ese terreo creando actividade agrogandeira nelas, mediante cultivos de horta, cereal, pastos, froiteiras, castiñeiros, oliveiras, etc. Estes espazos funcionarán como devasa natural fronte o lume, xa que desenvolvendo actividade económica nestas áreas non será preciso rozar todos os anos.

O de “aldeas modelo” é un proxecto impulsado por Medio Rural dentro do convenio de protección das aldeas fronte os incendios asinado coa empresa pública Seaga e coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre