Inicio Galicia A Xunta e os traballadores de Alcoa San Cibrao defenden que o...

A Xunta e os traballadores de Alcoa San Cibrao defenden que o Goberno debe activar xa a mesa industrial e fixar un prezo eléctrico competitivo

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na Mariña nunha reunión co comité de empresa de Alcoa San Cibrao e mais cos concellos de Cervo e Xove na que se avaliou a situación da planta

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nunha reunión entre a Xunta, os concellos de Cervo e Xove e mais o comité de empresa de Alcoa San Cibrao para avaliar a situación que atravesa a planta. Tanto Conde como os traballadores reiteraron a petición, que a Xunta xa ten trasladado ao Goberno central en anteriores ocasións, de convocar a mesa da industria electrointensiva -incorporando aos empregados da planta de San Cibrao- e de presentar o estatuto para o consumidor electrointensivo e, deste xeito, desbloquear a difícil situación da factoría da Mariña ao rebaixar o prezo eléctrico.

O conselleiro subliñou a importancia que esta planta ten para a comarca pero tamén para o conxunto da Comunidade, tendo en conta que é a única de España que fabrica alúmina e unha das tres de todo o país que produce aluminio primario, dando emprego a un total de 1.600 familias. O conselleiro incidiu en que a Xunta seguirá ao carón dos traballadores da factoría xa que a prioridade é manter os actuais postos de traballo e a competitividade da empresa.

Para logralo, Alcoa precisa competir en igualdade de condicións que o resto do mercado europeo, ofrecendo un prezo estable e competitivo. Así, Conde referiuse á aprobación das axudas compensatorias por custos de emisións indirectas de CO2 por parte do Consello de Ministros -unha medida que Galicia reclama desde hai meses- e asegurou que non é suficiente para rebaixar un prezo eléctrico que é un 40% superior á media europea.

Así, o conselleiro informou das iniciativas da Xunta incluídas na proposta do Estatuto, como as medidas de carácter fiscal – a supresión do imposto do 7% á xeración eléctrica a todos os consumidores, sexan grandes empresas, pemes ou particulares; e a eliminación do céntimo verde ao carbón-, redución de cargas e peaxes e incorporación da categoría do consumidor hiper-electrointensivo; ademais de sumar a taxa de interrompebilidade para rebaixar o prezo ata os 35/40 euros MWh. Medidas avaladas tanto polo comité de empresa de Alcoa San Cibrao, como pola Asociación Española de Grandes Consumidores Enerxéticos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre