O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presidiu hoxe en Ourense unha nova reunión do Comité de seguimento dos regadíos da Limia.
A xuntanza serviu para avanzar na modernización dos regadíos e nela acordouse tamén trasladar á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a necesidade de traballar conxuntamente para procurar unha tramitación máis áxil de todo este proceso.