Inicio Galicia A Xunta e os concellos de Santiago de Compostela e de Teo...

A Xunta e os concellos de Santiago de Compostela e de Teo renovan a prestación dos servizos de transporte urbano á urbanización dos Tilos para os vindeiros 4 anos

0

O acordo hoxe rubricado permite manter estas expedicións que realiza desde 2015 a empresa de transporte urbano do Concello de Santiago

A Xunta e os Concellos de Santiago de Compostela e de Teo acordan a renovación dos servizos de transporte urbano á urbanización dos Tilos para os vindeiros 4 anos.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe cos alcaldes dos respectivos municipios, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, e de Teo, Rafael Sisto, este acordo de colaboración.

Coa sinatura deste convenio dáselle continuidade a estas expedicións que vén prestando desde o ano 2015 a empresa de transporte urbano do Concello de Santiago de Compostela.

As viaxes aos Tilos lévanse a cabo nas mesmas condicións que calquera servizo de transporte urbano, en canto ás tarifas, aos descontos, ás frecuencias, aos horarios ou ás características dos vehículos.

Esta conexión en autobús entre a capital galega e a urbanización dos Tilos vénse desenvolvendo mediante a extensión das liñas 6 e 12 do transporte urbano.

A liña 6, entre San Marcos e Os Tilos, opera de luns a venres laborables, desde as 7 horas ata as 22:50 horas, cada 20 minutos. Os sábados, as viaxes efectúanse entre as 7:20 e as 23 horas, e os domingos, entre as 7:30 e as 23 horas, cada 30 minutos.

A liña 12, entre Os Tilos e os hospitais de Santiago, presta os servizos de luns a sábados laborables, desde as 7:15 ás 15:05.

Estas dúas rutas de transporte urbano realizan paradas nas rúas Ameneiro, Castiñeiro, Carballo e Bidueiro, na citada urbanización.

A Xunta continúa traballando na transformación do mapa de transportes da comunidade, que culminará a finais de ano. Neste sentido, o novo Plan de Transporte Público xa está a permitir a prestación de novas conexións en autobús entre os municipios da Estrada e Teo.

Ademais, coas novas concesións que entrarán en funcionamento a principios de ano, poranse en marcha melloras nas comunicacións desde o centro de Santiago cara ás parroquias de Teo e de Ames, coa creación dunha liña circular, e ampliaranse as frecuencias para facilitar o traslado desde Bertamiráns ao polígono Novo Milladoiro.

Itinerario e horarios da li̱a 6: San Marcos РOs Tilos

Ida

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre