Inicio Galicia A Xunta e os concellos de Ribadeo e Trabada acordan impulsar unha...

A Xunta e os concellos de Ribadeo e Trabada acordan impulsar unha solución conxunta ao abastecemento co cofinanciamento da Deputación e da Confederación Hidrográfica do Cantábrico

0


A Xunta e os concellos de Ribadeo e de Trabada acordaron hoxe impulsar conxuntamente unha solución ao problemas de abastecemento de ambos os dous municipios, co cofinanciamento, tamén, da Deputación provincial de Lugo e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, mantiveron hoxe un encontro co alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e coa alcaldesa de Trabada, Mayra García, na que abordaron a situación que viven os dous municipios polo grave deterioro das redes municipais de abastecemento de auga.

Na xuntanza, a conselleira trasladou a súa vontade de cooperar cos municipios para que poidan garantir o abastecemento de auga á poboación, de acordo coas súas competencias.

Con ese fin, Augas de Galicia procederá de forma inmediata a tramitar a revisión e proxecto de renovación integral das tubaxes da rede de abastecemento de Ribadeo. Ese documento técnico, redactado no ano 2011, debe de ser revisado e supervisado antes da súa aprobación.

A actuación, que consiste na renovación de preto de 20 quilómetros de tubaxes, require dun investimento de preto de 6 millóns de euros, polo que resulta imprescindible a participación das catro administracións (local, autonómica, provincial e estatal) para facelo viable. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre