Inicio Galicia A Xunta e o sector turístico reforzan a súa colaboración e as...

A Xunta e o sector turístico reforzan a súa colaboración e as canles de diálogo no seguimento do coronavirus

0

O conselleiro de Cultura e Turismo e o xerente do Sergas mantiveron unha reunión informativa con representantes do Clúster Turismo de Galicia


A Xunta e o sector turístico reforzan a súa colaboración e as canles de diálogo abertas no seguimento do coronavirus co obxectivo de minimizar o impacto social e a repercusión neste sector. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, reuníronse hoxe con representantes do Clúster Turismo de Galicia para informar das liñas de traballo abertas en coordinación co Goberno central ante hipotéticas afeccións dunha enfermidade vírica que nestes momentos non ten presenza na nosa Comunidade.

O responsable de Cultura e Turismo subliñou a necesidade de traballar “sen alarmismo” pero con planificación e anticipación, seguindo sempre os protocolos sanitarios que, de xeito coordinado coas comunidades autónomas, está aplicando o Ministerio de Sanidade.

Entre esas liñas de acción en marcha, aconsellaron adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus comúns a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, chamaron a extremar a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano –preferentemente desbotable– ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado.

Comisión interdepartamental e teléfono de axudaPara traballar no seguimento desta enfermidade de xeito coordinado, o Goberno galego puxo en marcha unha Comisión Interdepartamental para o seguimento do coronavirus COVID-19 e outras enfermidades emerxentes. Dita comisión conta coa presenza de representantes dos departamentos de Turismo, así como de Interior e Xestión de Emerxencias, Administración Local, Facenda; Economía, Comunicación, Educación, Deportes, Política Social e Saúde Pública.

Ademais, a Xunta puxo a disposición da cidadanía o teléfono 900 400 116 para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas que as galegas e galegos teñan ao respecto. En calquera caso, para cidadáns con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire,…) e que volvesen ou tivesen contacto con persoas en zonas de risco, tamén está dispoñible o teléfono 061 para consultas 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre