Inicio Galicia A Xunta e o sector tecnolóxico investiron máis de 900 millóns de...

A Xunta e o sector tecnolóxico investiron máis de 900 millóns de euros desde 2015 para avanzar na dixitalización da comunidade

0

A directora da Amtega fixo hoxe balance dos catro anos da Axenda Dixital 2020 no pleno do Observatorio da Sociedade da información


O pleno anual do Observatorio da Sociedade da Información (Osimga) celebrouse esta mañá en Santiago, presidido pola directora da Amtega, Mar Pereira, que deu conta das medidas desenvolvidas durante os catro anos de desenvolvemento da Axenda Dixital de Galicia 2020 (ADG2020), impulsada desde este departamento autonómico. Ademais, informou do Plan de Traballo do Osimga para 2019 e fixo balance da situación da Sociedade da Información en Galicia, baseado nos últimos datos do Observatorio.

Desde 2015, a ADG2020 mobilizou máis de 900 millóns de euros, dos que máis de 260 se corresponden con capital privado. O sector tecnolóxico ten un papel chave na implantación destas actuacións. En Galicia, as empresas do Hipersector TIC con máis de 23.300 empregados e 3.474 empresas, rexistraron un crecemento sostido desde o ano 2013 de case un 10%.

Catro anos de Axenda Dixital 2020A directora da Amtega destacou as actuacións para mellorar a conectividade do tecido e os despregamentos para a extensión de redes en núcleos de menos de 300 habitantes. En 2018 aprobouse o Plan Galicia 5G que permitirá a realización de 9 pilotos con esta tecnoloxía na Comunidade, aos que se sumarán outros 9 grazas a unha convocatoria estatalEn canto ao proceso de dixitalización da Administración destacou que as xestións online a través da sede electrónica da Xunta incrementáronse un 90% en 2018 e a tramitación telemática supera a presencial.

No ámbito o ensino integramente dixital en Galicia beneficia a 18.000 alumnos. Ao mesmo tempo promovéronse os coñecementos STEM iniciándose o STEMbach de xeito experimental en 14 centros no curso 2018/19. Ademais, no marco do Plan de Inclusión Dixital impulsáronse novas iniciativas coa a colaboración de máis de 820 Aliad@s Dixitais, conseguindo achegar a tecnoloxía a máis de 81.800 galegos a través da Rede de Aulas públicas CeMITCon respecto aos sectores estratéxicos da economía galega, afondouse no desenvolvemento de iniciativas tecnolóxicas para posicionar Galicia como destino turístico intelixente, e avanzouse na dixitalización e difusión do patrimonio cultural ao abeiro da Memoria Dixital de Galicia. Por outra banda, apostouse pola transformación dixital do sector primario co Programa Primare, que ten en marcha tres proxectos de CPTi para automatizar as inspeccións no marco das axudas da PAC e, no sector do mar, abordouse a dixitalización de tres lonxas.

En canto ao sector TIC no 2018, púxose en marcha o plan DICO Mindset para impulsar os contidos dixitais en Galicia, destacando o lanzamento do proceso de consultas ao mercado para incorporar novos servizos interactivos na oferta da CRTVG e a 1ª convocatoria da aceleradora de contidos dixitais StartupsR_Dico Challenge, en colaboración co operador R.

Este curso activouse o catálogo de actuacións do Plan DigiTalent para achegar as tendencias tecnolóxicas aos máis novos e reforzar o atractivo vocacional das profesións dixitais, con talleres lúdico-formativos, sesións de mentorado, campamentos tecnolóxicos ou accións informativas e orientativas.

Elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030A Axenda Dixital de Galicia 2020 está a conformar un marco sólido para articular un modelo de crecemento vinculado á economía dixital e que agora debe ser completado por unha estratexia para reaccionar de xeito áxil e sostible ante os grandes cambios que abisma a transformación dixital.

Neste contexto, vén de lanzarse o proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 da que serán participes a cidadanía, as empresas e as administracións, co obxectivo de contribuír ao aumento da calidade de vida e ao desenvolvemento sostible nas súas tres vertentes: económica, social e medioambiental.

Nova liñas de estudo relativa aos egresados STEMNo Pleno do Osimga tamén se presentaron as principais novidades do Plan de Traballo do Observatorio como a elaboración dun novo estudo sobre a traxectoria profesional dos egresados STEM nas tres universidades galegas para poder avaliar a adecuación da formación á demanda laboral e ás expectativas profesionais dos mozos galegos.

Este estudo encádrase na crecente demanda de perfís especializados, por parte do sector TIC galego, e permitirá analizar a adaptación, xeración, retención e atracción de talento dixital para cubrir as demandas do mercado; adiantándose ás necesidades de formación de novos perfís dixitaisAdemais, neste 2019 ampliarase a información relativa a fogares e familias, o que permitirá obter informes complementarios sobre as redes sociais e apps que utiliza a poboación galega.

No ámbito das empresas TIC iniciarase unha nova liña de traballo, engadindo novos indicadores como o uso de impresión 3D e robótica, Ciberseguridade e novas tecnoloxías de transacción económica a través de Internet (blockchain).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre