Inicio Galicia A Xunta e o sector MICE colaboran para impulsar Galicia como destino...

A Xunta e o sector MICE colaboran para impulsar Galicia como destino de turismo de congresos

0

O conselleiro de Cultura e Turismo e a presidenta de OPC Galicia asinaron un acordo por 200.000€ no marco do Plan de reactivación autonómico


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a presidenta da Asociación de Organizadores Profesionais de Congresos de Galicia (OPC Galicia), Ana Trevisani, asinaron hoxe un convenio de colaboración por 200.000 euros no marco do Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da covid-19 para impulsar a nosa Comunidade como destino para o turismo de congresos, eventos, feiras ou reunións e favorecer a reactivación deste sector tras a crise sanitaria.

O titular de Cultura e Turismo da Xunta salientou a importancia desta actividade, “fundamental no modelo galego” ao permitir atraer un turismo urbano e de alto valor engadido durante todos os meses do ano, ademais de favorecer a desestacionalización. Así pois, o acordo inclúe unha batería de accións entre as que destaca a reactivación do portal Galicia MICE, centrado en facilitar a localización de recursos para os promotores de congresos, eventos ou reunións, iniciativas para impulsar a nos Comunidade como destino para este tipo de actividades, así como a creación dun plató online na Cidade da Cultura que favorecerá a realización de eventos virtuais.

Do mesmo xeito, porase en marcha un fondo de contratación de espazos e sedes que contempla incentivos para aquelas empresas que reserven este tipo de servizos, apoiando así a organización de eventos en toda Galicia.

Apoio a medio cento de eventosAdemais, Román Rodríguez informou a presidenta de OPC Galicia da resolución da liña de axudas posta en marcha pola Xunta para a captación de eventos MICE. Así pois, en virtude desta orde destinaranse preto de 600.000 euros para apoiar a celebración dun total de 52 eventos como congresos, feiras ou reunións. Deste medio cento de actividades, máis dunha vintena terán lugar no último cuadrimestre do ano, favorecendo a desestacionalización da actividade turística.

Trátase dunha liña aprobada pola Xunta a finais do ano pasado. Con todo, ante a crise sanitaria decidiuse revisar os períodos de realización e de execución dos proxectos imputables, establecendo os prazos o máis amplos posibles co obxectivo de garantir a súa celebración.

As accións de apoio ao turismo de congresos enmárcanse no programa Galicia destino seguro, que conta cunha dotación global de 8M€ para impulsar a nosa Comunidade como un destino fiable e de calidade a través de accións de apoio ás empresas, información, formación e asesoramento. Do mesmo xeito, todas as accións se encadran no marco do Plan de Reactivación dos sectores Cultural e Turístico, con máis de 58 millóns de euros para favorecer a recuperación destes dous sectores estratéxicos para a economía galega.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre