Inicio Galicia A Xunta e o sector aeronáutico galego ven na innovación e nos...

A Xunta e o sector aeronáutico galego ven na innovación e nos novos mercados a vía de saída para abrir futuras oportunidades e sortear o COVID-19

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta mañá un encontro con representantes do Consorcio Aeronáutico Galego


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro esta mañá con representantes do Consorcio Aeronáutico Galego (CAG), dentro da rolda de contactos que o Goberno autonómico está mantendo con todos os axentes económicos e sociais para avaliar o impacto da situación actual nos distintos sectores e consensuar medidas. Así, Xunta e sector aeronáutico coinciden en sinalar a innovación e os novos mercados como a vía de saída para abrir futuras oportunidades e sortear o COVID-19.

No caso concreto deste sector, o peche de fronteiras e as restricións á mobilidade están afectando á industria aeronáutica. De feito, o tráfico aéreo europeo caeu nun 90% e o sector estima unha caída de pedidos que vai reducir as vendas entre o 7 e o 14%.

Ante esta situación, na videoconferencia avanzouse na identificación de varias liñas nas que intensificar o traballo para paliar as consecuencias da crise sanitaria do COVID-19. A máis destacada é a dos vehículos aéreos non tripulados. Por iso, a Xunta vai seguir impulsando o Polo Aeroespacial para que continúe sendo o núcleo do sector aeronáutico en Galicia, unha referencia en España e un elemento tractor para a recuperación.

Tal e como explicou Conde, a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), está traballando para promover distintas actuacións a futuro no Polo Aeroespacial. Unha delas é o simulador U-Space, un equipamento estratéxico para o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas e que conta cun investimento programado de 5M€.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre