Inicio Galicia A Xunta e o Consello de Contas colaboran no establecemento de novos...

A Xunta e o Consello de Contas colaboran no establecemento de novos mecanismos de prevención e control de riscos que afectan á integridade institucional

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo, presentaron hoxe o Diagnóstico dos sistemas de control interno e estratexia de prevención de riscos da corrupción na Administración Xeral


A Xunta e o Consello de Contas continúan colaborando para establecer novos mecanismos de prevención da corrupción na Administración. Neste marco de colaboración, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo, presentaron hoxe o Diagnóstico dos sistemas de control interno e estratexia de prevención de riscos da corrupción na Administración Xeral.

O documento é froito dun protocolo asinado en novembro de 2018 entre ambas institucións para a implantación e seguimento de plans de prevención de riscos da corrupción no sector público autonómico de Galicia, co obxectivo de que que todas as entidades que integran o sector público autonómico conten cun programa de prevención de riscos de xestión que defina a política de integridade, unha identificación e valoración de riscos, e o establecemento de medidas correctivas para o seu tratamento.

Coa sinatura do protocolo de 2018, Galicia converteuse na primeira comunidade autónoma en asumir de forma voluntaria mecanismos de autorregulación para control e seguimento de plans de prevención e control de riscos que afectan á integridade a través do Consello de Contas, un organismo independente que se encarga da súa revisión e análise.

A Xunta estudará agora a diagnose e a estratexia elaborados polo Consello de Contas, para tomar nota das súas recomendacións e incorporalas de forma gradual ao funcionamento da Administración. O documento foi tamén trasladado ao Parlamento Galego.

Entre as medidas e recomendacións a implantar, proponse aprobar un programa de integridade institucional e prevención de riscos común para todo o sector público autonómico, que sirva como armazón común a todos os centros e as súas entidades; crear unha comisión interdepartamental encargada da coordinación e supervisión de integridade e cumprimento e habilitar a vía de denuncia como medio para comunicar situacións relacionadas coa corrupción; crear un comité de ética para coñecer e investigar as denuncias; establecer un plan de formación, capacitación e actualización para os empregados públicos en materia de ética integridade e administración de riscos; e elaborar por cada centro ou departamento un plan de prevención e control de riscos que afectan á integridade. De feito, as secretarías xerais técnicas que se analizaron desta diagnose iniciaron con carácter experimental a elaboración dos seus respectivos proxectos de plans de prevención de riscos.

O compromiso da Administración autonómica coa integridade institucional e prevención da corrupción tivo o seu avance mais relevante no ano 2015 coa aprobación do Programa de impulso democrático, o cal constituíu o punto de partida na adopción de medidas de rexeneración democrática e exemplaridade coa aprobación de cinco leis e 50 medidas no eido da participación cidadá e dos partidos políticos, con medidas de control externo e medidas no ámbito interno do propio goberno e da propia Administración.

A Xunta puxo en marcha pedidas pioneiras como a blindaxe por lei das declaracións de bens patrimoniais dos membros do Goberno, a transparencia das retribucións do persoal dos entes instrumentais ou a aprobación do código ético institucional.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre