Inicio Galicia A Xunta e o Concello de Xunqueira de Ambía impulsan a recuperación...

A Xunta e o Concello de Xunqueira de Ambía impulsan a recuperación de terras e reforzan a colaboración fronte os incendios forestais

0

O rexedor interesouse pola posibilidade de crear unha aldea modelo dentro do municipio para a prevención fronte os incendios forestais


O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse no seu despacho de San Caetano co alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, para impulsar a recuperación e posta en valor de terras agrarias neste concello ourensán.

Neste contexto, o rexedor municipal interesouse polo proxecto de “aldeas modelo” que impulsa a Xunta dentro da prevención fronte os incendios forestais e falou da posibilidade de presentar a candidatura dun núcleo do seu municipio para formar parte desta iniciativa. Nas “aldeas modelo” a Xunta executa a limpeza nas franxas situadas preto das vivendas, co compromiso de crear actividade agrogandeira nelas, co obxecto de que funcionen como devasa natural fronte á ameaza dos incendios. Neste caso trataríase de mobilizar unhas 100 hectáreas con esta finalidade.

Na xuntanza, o titular de Medio Rural entregoulle ao alcalde o modelo de adhesión para que poida incorporarse ao convenio de protección das aldeas asinado entre a Consellería do Medio Rural, a Fegamp e Seaga que ten como finalidade, precisamente, intensificar a defensa das aldeas e dos seus habitantes diante do lume.

No encontro de traballo, no que tamén participaron os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, avanzouse ademais noutros aspectos relacionados coas infraestruturas rurais neste municipio. Así, abordáronse por exemplo diferentes vías de colaboración entre a Xunta, outras administracións e os regantes da zona para acometer a limpeza de canles de desaugadoiro neste e noutros concellos da contorna.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre