Inicio Galicia A Xunta e o Concello de Vilasantar colaboran para impulsar a recuperación...

A Xunta e o Concello de Vilasantar colaboran para impulsar a recuperación de terras e xerar actividade económica rendible no seu agro

0

O conselleiro do Medio Rural e o alcalde abordaron diferentes vías de colaboración co fin de dinamizar e impulsar o desenvolvemento deste municipio coruñés


Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2019.- O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse co alcalde de Vilasantar, Fernando Pérez, para avaliar a situación do agro neste concello coruñés e avanzar nas diferentes vías de colaboración entre a Xunta e o Concello co fin de dinamizar e impulsar o seu desenvolvemento.

Así, entre outros asuntos, ambos analizaron posibles proxectos de recuperación de terras destinados a xerar actividade económica rendible no municipio. Neste contexto, o rexedor amosou interese polo proxecto de “aldeas modelo” que está a desenvolver a consellería e que ten como principal obxectivo defender as persoas e os bens da ameaza dos incendios forestais, mediante diversas actuacións dirixidas á posta en marcha de actividade agrogandeira na franxa dos 50 metros próxima ás vivendas.

Precisamente, o conselleiro salientou o feito de que Vilasantar sexa un dos municipios adheridos ao convenio no que se enmarca esta actuación e que foi asinado pola consellería, a empresa pública Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a posta en marcha dun sistema público de xestión da biomasa nas proximidades das vivendas, co fin de protexelas dos lumes.

Noutra orde de cousas, a xuntanza de traballo serviu tamén para avanzar no impulso dos procesos de reestruturación parcelaria neste municipio da comarca de Betanzos, así como na mellora das súas infraestruturas rurais, especialmente no caso de dúas pontes, de cara a facilitar a mobilidade dentro do seu territorio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre