Inicio Galicia A Xunta e o concello de Santiago acordan reforzar a cooperación na...

A Xunta e o concello de Santiago acordan reforzar a cooperación na regulación das vivendas de uso turístico

0

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e os concelleiros Mercedes Rosón e Gumersindo Guinarte participaron na primeira reunión do equipo de traballo


A Xunta de Galicia e o Concello de Santiago participaron hoxe na primeira reunión do equipo de traballo entre ambas institucións para intensificar a coordinación e colaboración ao redor das vivendas de uso turístico.

No encontro, no que participaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e os concelleiros de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural, Mercedes Rosón, e de Turismo, Gumersindo Guinarte, acordouse intensificar a coordinación coa Policía Local á hora de facilitar á Administración autonómica a identificación dos propietarios dos inmobles, así como informar sobre os que identifiquen que poden ser irregulares. Preténdese así reforzar a cooperación co corpo de inspección da Xunta de Galicia.

Facilitouse ademais a ferramenta coa que a Xunta poderá localizar a partir de agora de xeito máis preciso as vivendas afectadas pola nova moratoria acordada polo Concello de Santiago que entrou en vigor en decembro. Segundo esta decisión urbanística municipal, prohíbese a utilización das vivendas para actividade turística nesas áreas e, no marco das competencias de cada Administración, desde a Xunta estase a respectar esa decisión rexeitando as solicitudes de vivendas de uso turístico situadas nas áreas afectadas.

A reunión de hoxe terá continuidade con diferentes encontros técnicos que se realizarán nos próximos días así como comisións de seguimento para seguir ordenando de xeito conxunto entre todas as institucións e axentes implicados esta modalidade de aloxamento.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre