Inicio Galicia A Xunta e o Concello de Salvaterra de Miño colaboran para rehabilitar...

A Xunta e o Concello de Salvaterra de Miño colaboran para rehabilitar a Casa do Pobo e destinala á Casa da Música

0

O conselleiro de Cultura e Turismo e a alcaldesa da localidade pontevedresa asinaron un convenio cun investimento de 300.000 euros


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, asinaron un convenio aprobado en Consello da Xunta a semana pasada, para a rehabilitación da Casa do Pobo e destinala á Casa da Música, cun investimento de 300.000 euros nos anos 2020 e 2021.

Como explicou o titular de Cultura e Turismo da Xunta, a nova infraestrutura pretende dar resposta a unha necesidade da localidade que ata o de agora non contaba cun emprazamento axeitado para impartir formación musical nas condicións necesarias. Ao abeiro desta colaboración, o inmoble recuperará a súa utilidade orixinal.

O edificio ten unha importante carga simbólica. Datado en 1925, acolleu a Sociedade Unión Progresista do Distrito de Bos Aires e anos despois albergou a Casa do Pobo co propósito de dotar ao municipio dun emprazamento onde realizar conferencias, facer exposicións e instalar unha escola de artes e oficios. Na actualidade presenta un importante deterioro que impide o uso das súas instalacións polo risco de derrube.

AccesibilidadeSegundo establece o proxecto, o edificio reformarase de xeito integral, establecéndose a zona de administración na planta baixa e unha sala polivalente para ensaios colectivos e funcións. Na planta alta está prevista a instalación de aulas para impartir formación teórica e práctica. Así mesmo, engadirase un novo núcleo ao edificio, o que permitirá a colocación de ascensores e baños.

Con esta actuación complementarase a actividade cultural de Salvaterra de Miño que ten unha gran tradición musical, e conta con numerosas agrupacións tanto folclóricas como de música clásica que, xunto coa Banda de Música de Salvaterra, implican a centos de veciños na aprendizaxe da música.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre