Inicio Galicia A Xunta e o Concello de Pontevedra porán en marcha 2 liñas...

A Xunta e o Concello de Pontevedra porán en marcha 2 liñas de transporte urbano para unir o centro da cidade con Montecelo e Monteporreiro cada media hora

0

A Administración autonómica asumirá a xestión das liñas e o Concello de Pontevedra, recoñecendo a súa competencia sobre o transporte urbano, pagará o déficit dos servizos


A Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra porán en marcha dúas liñas de transporte urbano que conectarán o centro da cidade con Montecelo e Monteporreiro con frecuencias cada media hora.

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantivo hoxe unha xuntanza co concelleiro da materia de Pontevedra, Demetrio González, na que avanzaron nas negociacións sobre o acordo de colaboración entre as dúas administracións.

De acordo co mesmo, a Xunta de Galicia asumirá a responsabilidade de xestionar as liñas de autobús, integradas dentro dun dos novos contratos de transporte impulsados pola Administración autonómica. Pola súa banda, o Concello, recoñecendo a súa competencia sobre a prestación de servizos de transporte urbano, farase cargo do déficit económico que xeren estas liñas.

O Goberno galego mantén o seu compromiso de garantir que os veciños de Pontevedra teñan servizos de autobús para desprazarse aos centros de demanda, a pesar de que o goberno local renunciase a tomar a iniciativa de poñelo en marcha, de acordo coas súas competencias como concello de máis de 50.000 habitantes.

Isto será posible grazas ao Plan de transporte público de Galicia, en cuxo contrato principal da comarca de Pontevedra inclúe liñas de autobús urbano. Ese contrato está actualmente en proceso de adxudicación, pendente da resolución dun recurso administrativo.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello prevén pechar nas vindeiras semanas os termos concretos do acordo. De forma complementaria, as dúas administracións deberán abordar as subvencións dos billetes aos cidadáns.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre