Inicio Galicia A Xunta e o Concello de Pontevedra avanzan na negociación sobre o...

A Xunta e o Concello de Pontevedra avanzan na negociación sobre o novo sistema de transporte público na cidade

0

O Goberno galego mantén a xestión dos servizos de transporte urbano e o Concello debe asumir integramente o déficit das liñas, por ser unha competencia municipal

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantivo hoxe un encontro co concelleiro responsable da materia no Concello de Pontevedra, Demetrio Gómez, no que avanzaron nas negociacións sobre o novo sistema de transporte público da cidade.

Na reunión, na que participaron tamén técnicos de ambas as dúas administracións, abordaron a proposta de acordo presentada polo Concello de Pontevedra para a reorganización e financiamento das liñas de transporte urbano.

Ao respecto, o director xeral de Mobilidade explicou que as liñas de autobús correspondentes ao transporte urbano no término municipal Pontevedra están dentro dun dos contratos licitados pola Xunta. Por ese motivo, será necesario agardar á adxudicación do contrato para abordar coa empresa responsable o encaixe das propostas de reformulación que solicita o Concello.

Debido a que se trata de servizos de transporte urbano e, polo tanto, de competencia municipal, o Concello deberá asumir integramente o déficit de explotación que xeren esas liñas.

O director xeral de Mobilidade informou de que a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra deberán plasmar nun convenio de colaboración os termos do financiamento por parte da Administración local das liñas de transporte urbano, cuxa xestión se manterá na Administración autonómica.

No caso de que o Concello de Pontevedra decida adherirse ao sistema de Transporte Metropolitano de bonificación dos billetes, deberá asinarse un convenio diferente coa Xunta, centrado nas subvencións de tarifas aos usuarios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre