Inicio Galicia A Xunta e o Concello de Noia firman un convenio de colaboración...

A Xunta e o Concello de Noia firman un convenio de colaboración para investir preto de 150.000 euros na mellora da estación depuradora de augas residuais do municipio

0

Este acordo impulsa a execución dos traballos necesarios para a optimización do funcionamento desta EDAR e contribuirá a mellorar a prestación do servizo de saneamento e a calidade das augas da ría


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Noia, José Santiago Freire, veñen de asinar un convenio de colaboración para investir preto de 150.000 euros para a mellora da estación depuradora de augas residuais do municipio.

Esta acordo da consellería coa Administración local permitirá a execución dos traballos necesarios para a optimización do funcionamento efectivo no prazo máis breve posible da EDAR de Noia.

A colaboración realizase a través de Augas de Galicia e vén motivada polos problemas que a consecuencia das condicións climatolóxicas sufriu a EDAR, causando desprendementos na cuberta e avarías nos cadros eléctricos. Ademais, cómpre mellorar o funcionamento dos bombeos de entrada e nos seus equipos de depuración, nos que tamén se intervirá. O Concello de Noia ten declarado recentemente a situación de excepcionalidade e emerxencia, pola concorrencia dunha situación de grave perigo para o ecosistema da ría de Muros e Noia, e solicitou á Xunta de Galicia apoio e colaboración.

Os traballos a executar no marco deste convenio comprenden as reparacións das instalacións e dos seus equipos ata o restablecemento do normal funcionamento da EDAR de Noia, o que permitirá contribuirán a mellorar a prestación do servizo de saneamento e a calidade das augas da ría, compatibilizando as tarefas de depuración coas demais actividades que se desenvolven neste entorno natural.

Mediante o convenio asinado hoxe a consellería comprométese a financiar as obras de mellora, e o Concello de Noia asume a obriga de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das mesmas.

Unha vez rematada a actuación, o Concello adquirirá a titularidade da EDAR, e asumirá o seu mantemento, explotación e mantemento, en exercicio desta competencia de carácter local e da súa vinculación á prestación deste servizo municipal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre