Inicio Galicia A Xunta e o concello de Narón avanzan na coordinación dos accesos...

A Xunta e o concello de Narón avanzan na coordinación dos accesos ao novo centro de saúde do municipio

0

As obras das novas instalacións sanitarias avanzan a bo ritmo e estarán rematadas o vindeiro outono

A Xunta e o Concello de Narón avanzan na coordinación dos accesos ao novo centro de saúde do municipio, tal e como se desprende da reunión mantida hoxe polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez e a alcaldesa do municipio, Marian Ferreiro.

Francisco Menéndez informoulle á rexedora que as obras das novas instalacións sanitarias están a executarse a moi bo ritmo, polo que se prevé a súa finalización para o outono do vindeiro ano.

No encontro, o director do departamento de Infraestruturas trasladoulle o interese da Xunta por definir o entronque da rúa de acceso ao novo centro de saúde coa estrada autonómica AC-862, que neste treito ten unha configuración bastante urbana. E indicoulle á rexedora que esta urbanización urxe para que o acceso estea acompasado na súa execución co propio centro de saúde, e polas acometidas de servizos ao novo edificio. Deste xeito, na reunión avanzouse cara a unha proposta de deseño de intersección en forma de glorieta, na que se prevé executar unha glorieta na Estrada de Castela para conectar o acceso ao centro de saúde coa vía principal do municipio.

Finalmente, Xunta e Concello acordaron que a consultora que está a redactar o proxecto de urbanización da rúa de acceso ao novo centro de saúde contactaría con técnicos de estradas da Xunta, de modo que despois sexa máis sinxelo o proceso de autorización por parte do organismo dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre