Inicio Galicia A Xunta e o Concello de Moraña presentan os proxectos do novo...

A Xunta e o Concello de Moraña presentan os proxectos do novo centro social e da unidade de atención ao Alzheimer do municipio

0

Investiranse 200.000 euros nas obras deste recurso público que se emprazará na antiga Cámara Agraria de Alende


A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña presentaron hoxe os proxectos do novo centro social de Alende, na parroquia de Santa Xusta, e da unidade pública de atención a persoas con Alzheimer que se vai implantar nestas instalacións. A conselleira de Política Social, Fabiola García, e a alcaldesa, Luisa Piñeiro, mantiveron esta tarde unha xuntanza informativa coa veciñanza para explicarlles ambas iniciativas, que tiveron unha moi boa acollida.

A actuación consistirá, en primeiro lugar, na rehabilitación integral do histórico edifico da antiga Cámara Agraria de Alende para a súa adecuación como centro social. A Consellería investirá 200.000 euros nestes traballos, que son froito do convenio de colaboración asinado co Concello, que prevé licitalos nas vindeiras semanas.

Este novo inmoble vai acoller o desenvolvemento de iniciativas sociais e da terceira idade, como eventos de envellecemento activo, encontros interxeracionais con participación da mocidade, accións de promoción da autonomía persoal ou actividades de prevención da dependencia, entre outras. Ademais, tamén servirá para certos usos veciñais e reunións da zona.

O edificio, que mantén na actualidade unha estrutura en pedra do país e conta con 217 metros cadrados de planta, vaise restaurar de xeito integral ao tempo que se habilitan distintas estancias no seu interior a través dunha actuación que respectará a fisionomía do inmoble. Así, dotarase dun amplo vestíbulo de acceso, almacén, despacho, dous aseos e unha sala xeral cunha superficie de 130 metros cadrados, todo elo sostido por grandes vigas de madeira de abeto.

Atención terapéuticaNa xuntanza coa veciñanza tamén se explicou que este centro social acollerá unha unidade pública de atención ao Alzheimer. A Administración autonómica destinará máis de 22.000 euros a poñer en marcha este servizo terapéutico que estará dotado de 10 prazas. Deste xeito, dáse resposta a unha das principais peticións realizadas pola alcaldesa á conselleira reunión de traballo que mantiveron recentemente en Santiago de Compostela.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre