Inicio Galicia A Xunta e o concello de Monterrei analizan a implantación dun punto...

A Xunta e o concello de Monterrei analizan a implantación dun punto limpo móbil neste municipio

0

Ángeles Vázquez reuniuse con rexedor José Luis Suárez para estudar posibles vías de colaboración do seu departamento en varios proxectos municipais


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, mantiveron unha xuntanza de traballo na que analizaron a posibilidade de implantar un punto limpo móbil neste concello ourensán no marco da nova orde de axudas que convocará a Xunta o próximo ano co fin de financiar este tipo de instalacións.

Cómpre lembrar que esta será a primeira vez que a Consellería de Medio Ambiente poña a disposición dos concellos unha liña de subvencións para favorecer a instalación de puntos limpos móbiles, unha modalidade xa presente nalgunhas cidades galegas pero que grazas a esta nova orde poderá estenderse a partir do próximo ano a concellos máis pequenos e que non teñen punto limpo fixo na actualidade.

Por este motivo e ante o interese amosado polo alcalde, Ángeles Vázquez animouno a acollerse á próxima convocatoria e contribuír deste xeito a favorecer a adecuada recollida, clasificación e preparación para a súa reutilización dos residuos urbanos que se xeran no seu termo municipal.

Leer más:  El mal tiempo no frena a los peregrinos: Santiago recibe 4.000 caminantes antes del arranque de los festivos

Contorna Castelo de MonterreiEntre outros asuntos abordados na reunión, o alcalde tamén lle trasladou á conselleira a súa intención de acometer a posta en valor da contorna do Castelo de Monterrei. Neste sentido, a conselleira de Medio Ambiente comprometeuse a estudar posibles vías de colaboración con concello para levar adiante este proxecto urbanístico. 


- Te recomendamos -