Inicio Galicia A Xunta e o Concello de Miño estudan vías de colaboración para...

A Xunta e o Concello de Miño estudan vías de colaboración para a recuperación de terras agrarias neste municipio coruñés

0

O director xeral explicou ao rexedor as diferentes opcións que ofrece, ao respecto, a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia, que iniciará proximamente a súa tramitación


O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde do concello de Miño, Manuel Vázquez, para abordar distintas cuestións relativas á proxectos de recuperación de terras agrarias neste municipio coruñés.

Así, o director xeral explicou ao rexedor as diferentes opcións que ofrece, ao respecto, a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia, que iniciará proximamente a súa tramitación. Neste senso, o rexedor municipal acordou estudar a posibilidade de crear unha aldea modelo neste concello, co fin de poñer en valor as terras á vez que se loita contra os incendios forestais.

Durante a xuntanza, Pérez Dubois trasladoulle que, a través desta nova lei, tamén se apostará por mecanismos de mobilización voluntarios que permitan unha maior participación dos interesados na explotación das terras, como son os polígonos agroforestais, as agrupacións de xestión conxunta da terra ou as permutas de especial interese agrario, entre outras.

Noutra orde de cousas, o alcalde interesouse polas diferentes liñas de axudas que puideran sufragar a mellora de varios muíños no concello, ao que o director xeral lle informou que a través do Grupo de Desenvolvemento Rural da súa zona (GDR Seitura 22) se poderían subvencionar este tipo de proxectos. Así mesmo, o director xeral indicoulle ao rexedor que precisamente a Consellería acababa de sacar a convocatoria de axudas do Plan Leader para dinamizar o agro galego a través dos 24 grupos de desenvolvemento rural, cun orzamento de 6,6 millóns de euros en dúas anualidades (3,3 millóns para 2020 e 3,3 para 2021). Neste senso, Pérez Dubois explicoulle que a estas axudas poden optar calquera persoa ou entidade a través dos GDR para desenvolver proxectos que dinamicen as súas contornas, ben sexan de carácter produtivo ou non.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre